fuxin por pés do Tremo seguian-me quince cans corrin-a toda a noite baixo a brétema até o mar saín mangado pero que mais dá! meu amigo o demo botará unha man vexo os beizos da mañá ai, se poidera ir deitar topei no mar co demo deixou-me dous millóns durmin preto de Queiruga nunha cova en Fonforrón (CORO) xa aló polas Furnas vin ao demo outra vez levou-se os dous millóns e de súpeto esvaeceu (CORO) teño dous motivos pra seguires a escapar: un é Ana Maria cada dia a quero mais; o segundo é a cadea, amor sei que veñen a por min se me collen nunha destas pasarei-me a vida ali. a muller quedou na Cruña e a moza aló en Tanxil; a primeira tivo un neno e non tira en nada a min (CORO)