nacin na serra do Candán vivia do leite e dos animais vivia da terra na que me criei e fun feliz até o ano oitenta e seis e fun feliz até o ano oitenta e seis sendo moi nova, aos vinteun foi en Fixó aló que din a lus vivia soa co meu bebé e fun feliz até que me marchei e fun feliz até que me marchei fose o de Europa, fose o que foi cortaron todas as subvencións dende o da cuota, dende aquel Nadal dende aquel dia é que ando a roubar dende aquel dia é que ando a roubar a ningun xusto fixen mal roubei-lle aos bancos e ao capital roubei igrexas e roubei cuarteis roubei-no todo para o meu bebé roubei-no todo para o meu bebé ás veces penso onde hei parar ás veces creo que chegaria a matar faria-o co Diz e co don Manuel faria-o todo só pros ver morrer faria-o todo polo meu bebé na sá Galán foi que pasou fun-me coa nena pra ver a función xa caera a noite cando saín e ali detivo-me a Guárdia Civil e ali detivo-me a Guárdia Civil pra miña nai foi unha crus pra os meus veciños fun sempre o que fun leva da vida o que mereceu maldito o dia que a viu nacer maldito o dia que a viu nacer cando me leven a enterrar non quero curas nin funeral que a miña filla quede onda vos que estea orgullosa da nai que a botou que estea orgullosa da nai que a botou