CASA DE PEDRA

Sombras levadas polo vento
A lua dunha estrada secundaria
Aquel corazón cansado que deixou
A noite. Será mellor durmir un pouco.
Ponse a chover. Sempre chove
Cando ti morres.
Se eu puidera detería
O tempo xusto nos teus ollos conmovidos.
Recuperar os trazos da tarde.
Utilizar Unha feliz expresión.
Viaxar a un Diccionario de palabras aladas.
Teño toda a casa pra mín.
Voute convidar a almorzar.
    Página 1 / 1

    Letras y título
    Acordes y artista

    restablecer los ajustes
    OK