Visto a cores do ceo, vou lonxe traballar Se souberas canto che quero, non me deixarías marchar Canto custa o diñeiro? Se co tempo teño que pagar Volta de novo ó estranxeiro, volta de novo ao fogar Lento, morro por dentro se non estás Sigo escoitando no vento o teu acento, o teu cantar Leva consigo un lamento, un segredo gardado no tempo Orgullo que medra no peito, somos da costa, somos do mar Lento, morro por dentro se non estás Sigo escoitando no vento o teu acento, o teu cantar Leva consigo un lamento, un segredo gardado no tempo Orgullo que medra no peito, somos da costa, somos do mar Fillos do sal e do monte, petos baleiros fuxen da morte Fame en Galicia, pura miseria da miña familia (miña familia) Fillos do sal e do monte, bocas famentas comen do Norte Voltar de fronte, á miña casiña, a familia que nunca se rompe Al horizonte marchan los pobres, van pa'l acero, van pa' los barcos Pan para el pueblo, pan pa' la ría, pa' voltar cunha chea de cartos As mulleres con dobre papel, criando soíñas no campo Viudas de vivos levando o fouciño na man e coidando de tantos Entre as nubes, na miña terra, choiva, néboa Ceo celeste, sangue celta, voltar e sentir unha aperta Na chaqueta unha foto que pesa, non podo esquecer a promesa E deixar que me leve a tristeza sen loitar por manter afouteza Mariñeiro, emigrante, pedíndolle á Virxe do Carme Que lo proteja, que no les falte hasta que las manos aguanten Pra o navegante, o que está fóra, que sigue adiante, busca melloras Tempos de antes son como agora, deixan aos fillos aínda que doa Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei) Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei) Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei) Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei)