Madrugada de San Xoán Madrugada máis garrida Que baila o Sol cando nace E ri cando morre o día ¿Onde vai nosa señora? ¿Onde vai Santa María? Vai cara a banda do mar Vai cara a manda da ría ¿Que dis a virxe, que dis? ¿Que dis Santa María? ¿Cal será a meniña, cal? ¿Que colla a frol d'augoa fría? Non será dama nin deuda Que será a princesa Aldina A princesa namorada Filla do rei de Galicia Non hai outra coma ela Tan feitiña e tan bonita C'aqueles seus ollos craros Do color d'augoa da ría Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d'augoa fría Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d'augoa fría Érguete do leito, nena Vén cara a banda do mar Qu'anque ti veñas soiña En compaña has de tornar Érguete do leito, nena Vén cara a banda da ría Qu'anque ti soiña veñas Tornarás en compañía Na torre do real palacio Anque inda está lonxe o día Móvense os liños dun leito Algunha xente se erguía ¡É a princesa! ¡Deul-a garde! Era a moi garrida Aldina Que vai día de San Xoán Catar a frol d'augoa fría