Este é o conto de Carmiña Vacaloura A vacaloura máis xentil do lugar Carmiña vivia nun vello carballo E levábase ben con todo o mundo en xeral Pero ó pé do carballo nun burato Pepiño Grilo daba a lata todo o ano E Carmiña Vacaloura non o podía aturar Grilo do demo que só ve-la palla No ollo alleo, para xa de falar Non ves que ninguén atende teus consellos Por mor da túa catadura moral Así falaba Carmiña cabreada Abrindo as fauces e poñendo mala cara Ti que saberás do que está ben ou está mal? Carmiña Vacaloura fai ben O grilo a ela tanto lle ten Do que non se pode falar O mellor é sempre calar Non fagas isto, non fága-lo otro A metamorfose a levas moi mal Pepiño Grilo tiña frase para todo Pouco cri-crí e moito bla bla bla Se chego tarde porque chego tarde Se chego cedo porque chego cedo Faga o que faga sempre chega o sermón Onde se viu un grilo con chistera Acaso é o grilo do santo Grial? Onde se viu un insecto insecticida Non ten amigos nin nunca os terá E os demais insectos, que xa estaban fartos Reuníronse perto do carballo E foron a Carmiña a pedirlle solución Carmiña ti que es grande e xentil Bota a Pepiño de aquí! O que non se pode aturar O mellor é facelo calar A paciencia e a conciencia Son asuntiños de mal casar Son cousas de moito pelexar Non son vaca nin son loura Pero o grilo vaime escoitar As miñas fauces vanlle asustar Pepiño emigrou dende o carballo ata o Nepal! Gracias, Vacaloura xentil Polo que fixeches por nós O que non se pode aturar O mellor é faselo calar Do que non se pode falar O mellor é sempre calar Do que non se pode falar O mellor é sempre calar Do que non se pode falar (Pepiño Grilo!) O mellor é sempre calar (a calar!) Do que non se pode falar (non se pode falar!) O mellor é sempre calar (o mellor é sempre calar!) Do que non se pode falar O mellor é sempre calar (y yo me voy) Do que non se pode falar (al Escorial!) O mellor é sempre calar (la, la, la, la, la, la, la, la, la, la) Do que non se pode falar (la, la, la, la, la, la, la) O mellor é sempre calar