Amor, isto é o único que lle pides á vida Así que isto é o que cres que necesitas Entón é isto o que che fai sentir ben Ou non Que cutre dicir que todo era unha mentira Que pouco aporta se fas que isto se repita Non se pode vir así a unha canción Amor, a paz é cara porque igual non a queremos Eu tamén caio adrede, boto a culpa aos freos A cicatriz é carta de presentación E non, non é por cínica ou capricho que me doia Pero por crítica e precaria que me amola É ver o ben que convivo co terror Amor, será isto o peor ou o mellor das nosas vidas? Eu que sempre quero ter a quen culpar Xa está escrito Canta unha poeta oral Amor, mira que autobiografía involuntaria Todo o ouro que non teña unha palabra Tamén iso podo capitalizar Amor, xa non quero estar aquí, xa non me gusta Este cuarto está forrado de dolor A misántropa riquiña xa marchou A misántropa riquiña xa marchou A misántropa riquiña xa marchou A misántropa riquiña Xa marchou