Xa estou aqui, vin polo vento Xa mirei tras do ceo, eu aquí son feliz Sinto todo no peito, igual que cando era un neno Un camiño longo e bravo Así como fixeron outros antes de min Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar Que dentro gardamos bastante Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans Xa fixémolo antes Que nosa historia está gravada en ferro, non se pode arrincar Vai fundida no sangue E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar De levar toda a vida pa' adiante Pa' diante Mira que eu vin soles fuxir Pero ningún tan fermoso como o que hai por eiquí Sinto todo no peito, igual que cando era un neno Un camiño longo e bravo Así como fixeron outros antes de min Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar Que dentro gardamos bastante Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans Xa fixémolo antes Que nosa historia está gravada en ferro, non se pode arrincar Vai fundida no sangue E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar De levar toda a vida pa' diante Pa' diante, pa' diante, pa' diante