Arica

Tanxugueiras

Composición de: Aida Tarrío Torrado/Olaia Maneiro Argibay/Sabela Maneiro Argibay
Tírate de diante tira
Cara de pano francés
¿A cómo vendes a onza
Desa fachenda que tes?

¿A como vendes a onza
Desa fachenda que tes?

Disme que non ves
Disme que non ves

Disme que non ves
Se non ves, pois non veñas
A ver quen aghuanta da tua fachenda

Disme que non ves
Disme que non ves

Dábaste de señorito
Podés perder a costume
Que xa se escoita falar
Pouco lume e moito fume

Que xa se escoita falar
Pouco lume e moito fume

Tírate diante de min
Cara de ghato esfolado
Ao demo morreulle o burro
Vaslle servir de criado

Disme que ti non ves
Disme que ti non ves

Ao demo morreulle o burro
Vaslle servir de criado
    Página 1 / 1

    Letras y título
    Acordes y artista

    restablecer los ajustes
    OK