Casa, miña nena, casa Se non has quedar baleira Traeréiche as sete herbas Pra que teñas quen te queira Pra que teñas quen te queira Aialala aialala Pola noite de San Xoan-e Plantei lume ás sete herbas Logo heinas de saltar-e Oito veces pra que non veñas Eu casar-e, casaría Se tivera sete vidas Sería ghatiña mansa Quedaría sen aleghrías Casa, miña nena, casa Xa falei con San Antonio E nos pés quedóu a aghulla Pra o futuro desposorio Pra o futuro desposorio San Antonio, Antoniño A miña aghulla de prata Heicha de facer traghare Pra que espantes o que amarra Eu casar-e, casaría Se tivera sete vidas Sería ghatiña mansa Quedaría sen aleghrías Eu casar-e, casaría Se tivera sete vidas Pero como a miña é unha Non estou pra lamber feridas