Velarei por ti

7 Lvvas

    Continúa después del anuncio

    eran outros tempos
    de sangue e frustración
    de sombras festexadas
    de ventisca e desazón;
    era eu druída espido
    até que lle oín dicir
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"
    se os camiños intrincados
    me fan un dia voltar
    farei sempre por ela
    o que esté na miña man;
    nun mundo margullado
    e sen calor oín-lle dicir
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"
    na beira mar perdida
    nun terrível furacán
    cun enfeitizado son
    de pingueiras e de mans
    que recraman sen espranzas
    un fogar, oín-lle dicir
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"
    volvin-me de repente
    i ela estaba ali
    refulxia entre as flores
    polo meio do xardin
    tras quitar-me a coroa
    das espiñas oín dicir
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"
    todavia algunha noite
    escoito o pranto dun rapaz
    cun cruel escalofrio
    oio a sua agonia fetal;
    qué pensar da tua pregunta
    qué hóstia é isto de vivir?
    vén, deita-te na cama
    velarei por ti
    unha gran muralla china
    estivemos a construir
    din cousas por supostas
    nin me achou nin a entendin
    cando lembro aquel serán do vran
    no que a coñecin
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"
    piso o fio da navalla
    pero penso traspasar
    o cristal que me separa
    das belezas infernais;
    ai, non sei o que daria
    por voltar a oir dicir
    "vén, deita-te na cama
    velarei por ti"

    Continúa después del anuncio
    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión