Señor (contos do poder yankee

7 Lvvas

    Continúa después del anuncio

    señor, señor, di-me ónde nos diriximos
    a un xuício final sen paliativos
    non sei se veño ou se me vou
    pero lembro ter estado aqui, señor
    señor, señor, inda vivo enfeitizado
    até cando vou ficar atrapado
    debo seguir prestando-lle atención?
    atoparei con ela a paz, señor?
    vexo a crus de aceiro do seu colo a colgar
    hai un vento perverso que non para de soplar
    a desafinada banda toca no calexón
    onde ela selou o destino pra os dous
    señor, señor, podo ver a careta pintada
    podo ver a variña da fada
    non soporto mais esta tensión
    con quén podo dialogar aqui, señor?
    a imaxe derradeira pouco a pouco esvaeceu
    era un tren de tolos ancorado ao mencer
    un xitano a axitar a sua bandeira gris
    dixo "fillo, non é ningun soño, é a realidade de vivir"
    señor, señor, volquemos estas mesas
    desoiamos todas esas consignas
    este sítio perdeu xa o seu valor
    qué motivo nos retén aqui, señor?

    Continúa después del anuncio
    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión