Jim Jones

7 Lvvas

    Continues after the ad

    escoitade moi atentos todo o que vos vou contar
    tiven que ir-me de Inglaterra condenado pra ultramar
    atoparon-me culpável, é culpável dixo o xuiz
    cadea perpétua para Jim Jones, a senténcia ha-se cumprir;
    mas antes de ir ficar ali, encadeado no baixel
    cumpre a lei en Botany Bay ou te van colgar di el
    ou te van colgar di el, e aló te vas Jim Jones
    os corvos han cebar-se en ti ao colgares do pau maior
    navegando xa por altamar, uns piratas ao solpor
    abordaron a goleta, resistiu o batallón
    remataron por viraren e brindou-se polo rei
    eu faria-me pirata antes de brindar por el;
    coas tormentas ameazantes e zoupando-lle ao baixel
    gostaria-me afundir no mar antes que ir a New South Wales
    ali non vai ter piedade, din, fora a i-alma ben-cho sei
    sairá-che a pel a tiras, Jim, azoutado en Botany Bay
    e aqui sigo noite e dia, as cadeas a chirriar
    siguen sona que te sonan até a morte a te humillar
    e por iso é que as arrastro até o lume onde vou
    xunguir as miñas forzas con Jack Donahue e co.
    cando a noite dos siléncios faga trunfar o motin
    colgarei a eses tiranos, pasarei-nos co fusil
    vou facer que as paguen todas, de xionllos os porei
    van-se arrepentir de ter traído aqui a Jim Jones a Botany Bay

    Continues after the ad
    Song details

    Composition:

    Did you see an error?

    Enviar revisão