Di-me qué é o que querias

7 Lvvas

    Continúa después del anuncio

    di-me qué é o que querias
    conta-mo, por favor
    qué pasa contigo
    ónde vas ir dispois
    di-me qué é o que querias
    veña, di-mo outra vez
    volverei nun momento
    pensa o que vas dizer
    di-me qué é o que querias
    veña, volve a empezar
    xa voltei pra escoitar-che
    do princípio ao final;
    son todo oídos
    agora toca-che a ti
    di-me qué é o que querias
    non me mires asi
    foi cando me bicaches
    espiou-nos alguén
    arrepintes-te de algo
    qué é o que podo facer
    necesitas axuda
    pro xa me esquecin
    di-me qué é o que querias
    depende acaso de min?
    fora o que fora
    xa se me foi
    podes lembrar-mo?
    repite-mo entón
    xa baixou a marea?
    afundeu-se o baixel?
    tés alguén que te espera?
    en qué me trabuquei?
    di-me qué é o que querias
    non te logro captar
    ti xa non es a mesma
    nunca mais o serás
    foi algo importante?
    pode que non
    di-me qué é o que querias
    vén e repite-mo
    fora o que fora
    que puido ser?
    recivi-ches consellos
    pra voltares con el?
    foches contra ti mesma?
    non mo vas repetir?
    por qué me buscas?
    quén diaños es ti?
    vai cambiar o esceário
    coido ter a razón
    marcha todo hácia adiante
    sona a nosa canción
    ónde estabas de aquela?
    é de balde pra ti?
    di-me qué é o que querias
    pra quén falas? pra min?

    Continúa después del anuncio
    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión

    Canciones relacionadas