Foliada de nadela

Fuxan Os Ventos

    Continues after the ad

    Zapatos de chiculate
    Tenos a miña cadela
    Pra leva-las ovelliñas
    Ás feiriñas de Nadela
    Aló ven o gaiteiro
    Por detrás do pinar
    Hastra os pinos lle axudan
    Á gaitiña a tocar
    Indo eu pra non sei donde
    Vendo eu a non sei quén
    Á porta de, xa me entendes
    Non me poido acordar ben
    Andivecheste alabando
    Polos muiños moendo
    Que te casabas comigo
    E iso era en eu querendo
    A rula vaise queixando
    Que lle levaron o niño
    Que che mandou facer rula
    Tanto á veira do camiño
    Algún día ben pensaches
    Do meu corazón ter froles
    Agora vai ós codesos
    Que chos hai nos arredores

    Continues after the ad
    Song details

    Composition: Gazapo/Popular-arr.de Fuxan os Ventos

    Did you see an error?

    Enviar revisão