Continúa después del anuncio

    Ai meu gaiteriño
    Ainda me acordo
    Cando baixabas polo monte abaixo
    E viñasme ti dicindo

    Bota carne no pote, marianiña
    Bota carne no pote, marianá
    Un molete enteiro. Enservelletado
    Unha bota con viño, chupáená

    Muller, fartura de loitar
    Qué che hei decire eu, muller?
    Se ti és coma a terra nosa
    E a terra é coma ti é!

    Deixeivos a entrambas soias
    Anque convosco quedei
    Valeira está a terra, morna
    Ti, sementada, abofé. (bis)

    E o vento decía
    Pronto hai de volver!
    Pra tira-la fame, pra poder comer

    Continúa después del anuncio

    Ai, muller, cántas noitiñas
    Te deitaches coa tristura?
    E o vento, ainda che traguía
    As novas dos que marmuran

    E o vento decía
    Pronto hei de volver

    Ti és o milagre da terra
    E, a terra é un milagre teu
    Mistura de mel e cerna
    De fera e de anxo do ceo

    Pariches de pé o fillo
    Como fan no mente as bestas
    E hoxe que volto vencido
    Para que eu venza ti te deitas

    O voltar, qué che hei decir?
    Maldito o día e a hora
    En que te deixei aquí
    Pra percurar vida fora

    O inverno da emigración
    Roubóunos a primavera
    Quén eu era, xa non son
    E ti non és a que eras

    Xa poden os leiros dar
    Colleitas ben abondosas
    Poden en madrí falar
    Con palabras ben fermosas
    Que nunca nos han de pagar
    A nosa fame de outrora!

    E o vento decía
    Pronto hei de volver
    Pra tira-la fame
    Pra poder comer

    Información de la canción

    Composición: Aventuras en el tiempo/Belinda/Carpe Deim/Carpe Diem/Catarsis/Detector de metal/Popular, Arr.mªpilar Campo/Soundtrack "trolls"/Utopía/Utopía 2

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión