Continúa después del anuncio

    Pra onde vas Lelo
    co aro de ferro
    no día que fai
    de mañá cedo.
    E un cabás novo
    e uns libros vellos,
    nos zocos anos
    de lama cheos
    Vou a sere outro
    pra aquil cortello,
    de días de escola,
    iste é o primeiro.
    Hei estudiar
    temos maestro
    pra que mañá
    seña home feito.
    ¿Como che foi?
    Conta meu neno
    de certo que hoxe
    xa trás proveito
    Bah! Non é nada, eu non o entendo
    poia abofellas, que no meu testo
    non sei que fala o meu maestro
    Dí que vostede, chamase: abuelo,
    miña mai: madre, e o chan: el suelo
    Tamén zorrega capós a eito,
    se dís que é mouro en ves de negro.
    Mañan a escola non vou de certo.
    Eu non entendo, non vallo pra eso.
    Falas estranas, estranos lerios.
    Do meu non falan. Falan de lexos.
    Pra endurecere as maus no leiro
    ainda non compre ise maiestro.

    Continúa después del anuncio
    Información de la canción

    Composición: Belladona/Fuxan os Ventos

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión