A Vasoira

Luada

    Continúa después del anuncio

    O patrón mandoume embora, (bis)
    E non foi por cousa mala,
    Foi por lle molla-la pluma, (bis)
    No tinteiro da criada.

    Retrouso
    Miña vasoira, vasoira miña,
    Hai moito tempo que non varre-la cociña.
    (bis)
    Varre, varre, miña vasoiriña,
    Varre, varre, vasoiriña miña,
    Na cama, na cama, na cama vai calor,
    Na cama, na cama, na cama está mellor.

    O patrón cando vai fora, (bis)
    Déixalle dito a criada:
    Veña tarde veña cedo, (bis)
    Déitate na miña cama.

    Continúa después del anuncio

    Retrouso
    Miña vasoira, vasoira miña.....

    Pretendinte e non quixeches, (bis)
    Heite de volver pretender-e,
    Ningunha lebre se escapa, (bis)
    Se o galgo sabe correr-e.

    Retrouso
    Miña vasoira, vasoira miña.....

    Si me da lo chuchamelo, (bis)
    Que tes debaixo da saía,
    Dareiche o san antoniño, (bis)
    Todo cheíño de barba.

    Retrouso
    Miña vasoira, vasoira miña.....

    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión