A Miña Amiga

Luar na Lubre

    Continúa después del anuncio

    Pomba de brancas anzas se ollas ó pé das augas
    Á mai belida fada esa é a miña amada
    Pomba que voas leda se ves na banda da ría
    Á máis belida flor, esa é a miña amiga

    E miña amiga coma as cores s da mañá
    Feiticeira e garimosa coma unha noite de van
    E miña amiga vimbro de xunca lanzal
    Arrecendente froliña aloumiño do luar

    Continúa después del anuncio

    Que non brile máis a lúa nin luceiro da mañá
    Se miña amiga perto de min non está
    Que sequen todas as fontes e quede sin auga o mar
    Se miña amiga perto de min non está

    Ehi vái, véla que ben vái, miña amiga pola ría
    Camiño de seu casal
    Os seus cabelos son loiros coma as areias do mar
    E as estreliñas rebrilan no medio do seu ollar

    Anduriña, anduriña, se viras cabo da ría
    Á máis xentil e benfeita, a millor, a máis belida
    ¡Esa é miña amiga!
    ¡Esa é miña amiga!

    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión