Xa Está Aquí

Os Resentidos

    Continúa después del anuncio

    Hei ,cheiño, xa están aquí
    Temos contactos, temos poderes
    Noutras partes hai outros seres.
    Son galegos ou non son,
    Con certeza si que o son.

    Son galegos do futuro.
    Son galegos do pasado,
    Despegaron do medulio.
    Nunca foron romanizados.

    Xa están aquí..
    Xa chegaron os marcianos
    E tamén che son galegos
    Respondendo con preguntas
    E cara de confusión.

    Xa están aquí

    Xa chegaron os marcianos
    E tamén che son galegos.
    Traen a proba dos chourizos
    E empanadas de electróns.

    Teñen o corazón de vaca
    E alma de aluminio.
    Os galegos do futuro
    Son galegos do pasado.

    Continúa después del anuncio

    Desde o monte medulio
    O planeta bacallau,
    Na nave maraghota
    Xa están aquí de volta.

    Xa están aquí
    Xa están aquí

    A redención de boa, boa,
    Nación de breogán,de breogán.
    Xa están aquí, están aquí.
    Tan celtas coma tí.

    Xa están aquí

    Xa chegaron os marcianos
    E tamén che son galegos.
    Son da tribu dos mindiola.
    Son tan celtas coma tí.

    Xa están aquí..

    Xa chegaron os marcianos
    E tamén che son galegos
    Montados nun aturuxo
    Do planeta bacallau.

    Montados nun aturuxo
    Respondendo con preguntas,
    Tan galegos coma nós.
    Temos contactos, temos poderes.

    Hei, xa están aquí
    Xa están, xa están aquí.
    Hei, xa están aquí

    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión

    Canciones relacionadas