Compañeiro Daniel

QFB

    Continúa después del anuncio

    Compañeiro Daniel de vida innumerable
    Como os astros do ceo i os camiños do mar
    Na tenebrosa noite da patria inhabitable
    Témoste no recordo con mao á luz alba
    A ti falo Daniel morto lonxe da terra
    Es noso (i) a túa luz alumea a escuridá
    Que nos deixou a historia de tres anos de guerra
    En que os lobos mataron a luz e libertá
    Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
    I enloitaron cunetas con sangue loitador
    As pistolas sonaban i os panbidos berraban
    A terrible victoria do odio e do terror

    Continúa después del anuncio

    E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
    Pra erguerdes un exército que endexamais loitou
    E morriches un día sin veres entreaberto
    O camiño da volta que a túa alma soñou
    Pro na patria abatida e do pobo explotado
    Nacimos nós os fillos da morte e do tristén
    Percurando furiosos vinganza e novo estado
    I unha roxa alborada sin cabo nin comén
    I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
    Matou desesperado na outra banda do mar
    Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
    Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar

    Información de la canción

    Composición: Qfb

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión