Revolución

QFB

    Continues after the ad

    Revolución
    Revolución
    Revolución

    Por fin, témo-la oportunidade
    De berra-la nosa revolución
    Isto é certo, é real
    Non temos nada que ocultar
    Queremos demostra-la realidade
    Dun país como é Galiza
    Non queremos demostralo con criminalidade
    Nós con rimas decimo-la verdade
    Neste lugar non todos somos traficantes
    Aínda quedamos os bos e xenerosos

    Moitos galegos estiveron a loitar
    Pra na nosa lingua, poder falar
    Ista loita non rematou
    Aínda queda moito por conquistar!
    Por culpa duns mangallóns
    Quedamos sen a nosa liberdade
    O peor é que os iñorantes
    Din que só serve pra falar coas vacas!
    Deixáronnos en bolas por todos lados
    E aínda por riba quedamos de parvos

    Continues after the ad

    Estamos fartos que nos den de lado!
    Que nos tomen coma fracasados!
    Os galegos somos algo máis
    Cos do norte de Portugal

    Dos galegos queremos falar
    Non de vascos, nin de cataláns
    Con estas rimas queremos lembrar
    A Curros, Rosalía e Pondal
    Que pola nosa lingua traballaron
    E por ela tamén loitaron
    Moitas grazas temos que darlles
    Por deixarnos o galego de antes
    A Cultura de Galiza está nas túas mans
    Cóidaa ben e non mires atrás!

    A revolución queremos facer
    E xa temos semente de vencer!
    Queremos Galego nas nosas vidas
    Cidades e pobos con romarías!
    Nunca máis termos que berrar
    Os nosos montes están a queimar!
    A cuota leiteira, a cuota pesqueira
    Deixan ao pobo esfameado
    Castellanos de castilla o xogo rematou
    Nazón de Breogán está a espertar!

    Song details

    Composition:

    Did you see an error?

    Enviar revisão