A Chamada da Néboa

Sangre de Muerdago

Continues after the ad

Qué sabemos nós que non saiban
Aspedras, a xiada e o Sol
Ou os Urcos do son

Verbas do luar
Bicos dende o alén
E os susurros das Mouras
Despiden o xerán

A seguinte mañán
O seguinte solpor
Desacougo no ar
E bágoas no chan

Continues after the ad

Chamemos ás néboas
Que carregan a luz, pois miña é a labor
De pasala ás túas mans

Ollando ó redor
Mais aló dos salgueiros
Xa non queda máis
Que marchar diste lar

Deixemos ista terra ás fillas do mar
Que fan o amor
E pelexan a dor

Song details

Composition:

Did you see an error?

Enviar revisão

Related songs