Continues after the ad

    Xordas fican as miñas orellas
    Cegos fican os meus ollos
    Eu que baixei, eu que baixei
    Coas meigas os bosques e alí escoitei

    Xordas fican as miñas orellas
    Cegos fican os meus ollos
    Eu que subin o alto dos cumios
    E alí observei, alí observei

    Continues after the ad

    Óso e madeira, pedra e trisquel
    Coñecín os que moran no alto das árbores
    Os que corren espidos na neve do inverno
    Os que vagan nas sombras
    Cantando unha canción

    Óso e madeira, pedra e trisquel
    Coñecin os que rin en fronte o perigo
    Aqueles que poden
    Agocharse baixo as pedras
    Tamén os que teñen lume nos ollos

    Mais nada que facer, non comprenderei
    E aqui xacerei, durmirei

    Song details

    Composition: Pablo C. Ursusson

    Did you see an error?

    Enviar revisão