A Inquinidade

Suso Vaamonde

    Continues after the ad

    Como laboura a abella
    Zugando o mel pró alleo,
    Como na ovella infeliz
    Medra a lan para istrano leito,
    E o boi, xunguido ó arado
    Perpetúa o seu trafego,
    Arrecadando pró dono
    O pan que ofrecen os eidos,
    Así traballan de cote
    -parias de tódolos tempos-
    Os exércitos dos pobos,
    Os soldados verdadeiros.

    Mentras na chouza indixente
    Rube unha oración ó ceo,
    Xuntando co esforzo a fé
    N-un porvir mais farturento,
    E o brazo do proletario
    Brega sin cesar a eito,
    Os apostados no mundo
    (eu non sei por qué decreto)
    Para irlles zugando o sudore
    Que outros van botando arreo,
    Non teñen mais inquedanza
    Que soster seus privilexios.

    Continues after the ad

    Defenden a lei vixente
    Que lles ampara o dereito
    Á folganza i- a sumire
    O sangue do pobo enteiro.
    (defenden a monarquía
    -anacrónico esperpento-
    Porque trai de longas épocas,
    Da lobregueza dos tempos,
    Unha tradición de aldraxes
    E unha historia de atropellos.) x2

    Defenden a igrexa porque,
    Pervertídol- os conceutos
    -da mesma sorte que as almas,
    Secas diante o misterio-
    Da relixión fan peldaño
    Dos apetitos noxentos,
    E coidan qu'o cristianismo
    Naceu para meterlles medo
    Ós que arelando xusticia
    Van de cabeza ó inferno
    Si se negan a ser carne
    De cañón dos fariseos.
    Defenden a aristocracia
    (unha caterva de necios)
    Porque tódolos parásitos
    S'entenden entr'eles mesmos.
    Defenden a autoridade
    Porque nela ten sustento
    A transgresión qu-os validos
    Fan da lei e do dereito.

    (e malia quen turbar ouse
    A ordre dos cimenterios!) x2

    Song details

    Composition:

    Did you see an error?

    Enviar revisão