Na soidade do Aloia

Xerión

Continues after the ad

Camiñando cara cima
A lúa observa os meus pasos
Os astros revelan o meu destino
Co mar no horizonte incerto
Perdido nas vacilacións dos mortais
A gadaña sesga os fíos da noite
Nas árbores que me arrodean
Resguárdome dos ollos da hipocresía
¿Por que lle temen á soidade
Cando os pensamentos son a mellor compañía?
¿Por que se senten tan seguros
Cando a cobardía é o seu trono?
Un home sen recordos non existe...

Continues after the ad
Song details

Composition:

Did you see an error?

Enviar revisão