Nosa Galicia

Xil Ríos

    Continúa después del anuncio

    Cando penso neses fillos
    que tes polo mundo adiante
    como escravos traballando
    sin ter o calor de naide e
    morrendo de soidade
    Galicia...
    ti eres nosa nai,
    abre as entranas,
    amamanta os teus fillos,
    non os deixes marchar!

    Vanse polo mundo adiante
    sufrindo mil calamidades
    Non lles importa traballar
    Non lles importa padecer
    por manter
    os seus fogares
    Galicia...
    por que nos deches a vida,
    se sabes que todo é morriña ao estar lonxe de ti?

    Míraios Nosa Nai, que vida levan
    sempre lonxa da Terra,
    terra nosa meiga
    Para ganarse a vida van a donde sea
    anque por dentro dollalle deixa-la Terra

    Continúa después del anuncio

    Van un ano tras outro
    non lle importa nin a edade
    soio importa unha cousa:
    que os fillos non sufran o que sufriron eles
    Galicia...
    xa os teus fillos van cansos
    de tanto polo mundo andar
    é hora xa de deixar
    que volvan ao seu lar

    Míraios Nosa Nai, que vida levan
    sempre lonxa da Terra,
    terra nosa meiga
    Para ganarse a vida van a donde sea
    anque por dentro dollalle deixa-la Terra

    Galicia...
    sendo tan fértil e fermosa
    por que consites Nai Nosa,
    que téñamos que marchar?

    Información de la canción

    Composición:

    ¿Los datos están equivocados?

    Enviar revisión