Cifra Club

Tan Lonxe de Ti

Gonzalo Arca

Aún no tenemos los acordes de esta canción.

Terra de meigas e sabios
Onde o firmamento tinguiuse de gris
Veño cantando as cantigas
Que sempre escoitei ó lembrarme de ti
Retumban nos piñeirais, outeiros e vales
E fanme sorrir
Xogan entre os carballos, pousan nos prados
E foxen de min

¿Onde irán tan lonxe de ti?
Voltearán, voltearán vir

Desde os teus catro costados
Tódolos paxaros tiveron que ir
Antes de chegar o maio
Levando aínda o saio, voaron de aquí

¿Onde irán tan lonxe de ti?
Voltearán, voltearán vir

Levo unha pena no peito
Non dou desfeito a morriña de ti
Non pode haber outro xeito
Que erguerse dereito e deixar de durmir

¿Onde irei tan lonxe de ti?
Voltearei, lévame pra alí

Lévame polos carreiros
Lévame, lévame que eu quero ir
Cólleme con agarimo
Miña naiciña, que xa estou aquí

Otros videos de esta canción
    0 visualizaciones

    Afinación de los acordes

    Afinador en línea

    Ops (: Contenido disponible solo en portugués.
    OK