[Estrofa 1]
G C G
Aí vén o maio de frores cuberto...
G D
Puxéronse á porta cantándome os nenos;
G C D Em
i os puchos furados pra min estendendo,
C D G
pedíronme crocas dos meus castiñeiros.
[Estrofa 2]
G C G
Pasai, rapaciños, calados e quedos;
G D
que o que é polo de hoxe que darvos non teño.
G C D Em
Eu sonvos o probe do pobo galego:
C D G
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno!...
[Estrofa 3]
G C G
Cando eu me atopare de donos liberto
G D
i o pan non me quiten trabucos e préstemos,
G C D Em
e como os do abade frorezan meus eidos,
C D G
chegado habrá estonces o maio que eu quero...
[Estrofa 4]
G C G
Queredes castañas dos meus castiñeiros?...
G D
Cantádeme un maio sin bruxas nin demos;
G C D Em
un maio sin segas, usuras nin preitos,
C D G
sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos.