Darei tantas voltas sen que sobre unha
Cantarei a todas por igual
Até o verme que na terra ten o seu fogar
E dame a chave do reino animal
Porei a vontade das avelaíñas
Na súa eterna busca disa luz, para así voar
Xunto a seres máis alumeados
Oín o crepitar das moradoras dos bosques
As súas vocês cantan ó luar
Compartindo as melodías que os seus avós
Xa escoitaran nun vello cantar
Cun Sol no meu corazón
Coma o reiseñor que asubía
Os segredos do derradeiro poema da Lúa